Sunday 28 de April de 2024

A Coral El Eco actuará este venres ás 21 horas na praza de María Pita dentro do ciclo da Semana Clásica


A Coral Polifónica El Eco pechará este venres o ciclo de concertos da Semana Clásica, que se veñen desenvolvendo na praza de María Pita. A súa actuación será ás 21.00 horas.

O coro, que celebra este ano o 140º centenario da súa fundación, estará acompañado por un grupo de cámara e polo xornalista Diego Losada, que será o condutor do espectáculo.

Coa participación da Coral Polifónica El Eco finalizará a Semana Clásica, na que actuaron, con gran seguimento de público, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal de Música da Coruña xunto con Serafín Zubiri, e a Orquestra de Cámara Galega.

Hoxe será o turno do coro e da Orquestra Gaos, que presentará ‘Disney en concerto’, tamén desde ás 21.00 horas en María Pita.